lunes a sábado: 10.30h – 14h / 16.30h – 20.30h
domingos: 10.30h – 14h

@lalibreria_altamareaEugenio Sellés, 3, Madrid

Skip to Content

Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.

A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia.

Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras.

Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame.

Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido…

Todo fala.

Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento.

Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade.

E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.

En salvaxe compaña

22,95 
Sin Stock. Entrega estimada 5 días si disponible
ISBN
978-84-9782-930-4
Fecha de la edición
21-Nov-2008
Medidas
220 × 145 mm
Páginas
192
×

Si está disponible, te enviaremos un enlace de pago y lo recibirás en unos 5 días.